viernes, 4 de marzo de 2022

Crónica Saída A Coruña

 O día 23 de febreiro fumos A Coruña e estivemos en dúas exposicións moi diferentes: na exposición de Peter Lindberg e na da Fundación da Banca. Se tivese que dicir cal foi a miña favorita diría que a primeira xa que era moito máis interesante para o meu gusto en canto a obra. Na primeira o que máis me gustoufoi
a sala na cal estaban eses cadros do prisioneiro, era unha sala con pouca luz o que lle aporta siniestrade as imaxes. Sen duda, esas imaxes transmitenme medo
e impoñeronme moito, os rasgos da cara e os xestos que fai son moi estraños e propios dun psicópata. Ao lado había un testamento escrito polo autor, escrito en inglés pero como foi con nós Isabel axudounos a traducir. As imaxes eran exaxeradamente realistas e sen ningún tipo de retoque ou photoshop.Quero resaltar unha cousa que tamén me encantou da primeira, foi a sala onde estaban as 3 pantallas enormes donde saían falando famosos, entre eles a miña actriz favorita Penélope Cruz. Agora paso a falar da exposición da Abanca, era un edificio que chamaba moito a atención cunha arquitectura moi moderna e cuns ascensores con vista a rúa. Sen duda o que me chamou a atención foi esa obra das bolboretas saíndo das botas negras, para min simbolizaban a liberdade do individuo saíndo dun espazo tan pequeno. A exposición de Lindberg está situada no porto mentres que a outra en plena rúa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Biografía de Chema Madoz

                           CHEMA MADOZ  Jose María Rodriguez Madoz (20/01/1958), mais ben co ñecido como Chema Madoz é un fotografo espa ñol...